Coirós celebra este sábado o III Festival de Música e Baile Tradicional

ACoruñaXa
Participarán a Escola municipal de música e baile tradicional de Coirós e A.C. Lembranzas dá Ría de Cangas do Morrazo
Imaxe recurso de tradición galega
3 Jul 2024

Este sábado, día 6, a antiga escola de Queirís, en Coirós, acolle a celebración do III Festival de Música e Baile Tradicional.

Neste sentido, as actuacións comezarán ás 20.00 horas e nelas participarán a Escola municipal de música e baile tradicional de Coirós e A.C. Lembranzas da Ría de Cangas do Morrazo.

O III Festival de Música de Coirós está organizado polo Concello de Coirós e conta coa colaboración da A.D.C.R. Collantres.

0.16865706443787