Coirós celebra a súa XVIII Festa do Pensionista con preto de 300 asistentes

ACoruñaXa
Unha celebración, que incluíu unha comida de confraternidade e un recoñecemento especial aos asistentes de maior idade
vecinhos-coiros
31 May 2025

O pavillón polideportivo municipal de Coirós acolle este venres a XVIII Festa do Pensionista, que reúne a arredor de 300 veciñas e veciños nunha xornada de encontro e celebración.

Os actos comezaron ás 14.00 horas coa actuación do grupo de música tradicional municipal e a recepción por parte do alcalde, Francisco Quintela, e da corporación local. A continuación tivo lugar unha comida de confraternidade, seguida dun animado baile.

Un dos momentos máis destacados da xornada foi a entrega de homenaxes ás dúas persoas de maior idade asistentes ao evento: Sara Vázquez, de 103 anos e residente no xeriátrico de Ois, e Manuel Balado Lozano, veciño de Armea de 91 anos. Ambos recibiron unha placa conmemorativa de mans do alcalde.

A festa estenderase ata as 19.00 horas. Para facilitar a participación, o Concello puxo a disposición das persoas asistentes un servizo de transporte de ida e volta ao pavillón.

 

 

 

 

⚙ Configurar cookies
0.17247414588928