Coirós acollerá unha actuación solidaria de música e danza africana

ACoruñaXa
O concerto, de entrada libre, ten como obxectivo apoiar a nenos orfos de Uganda
COIRÓS concierto uganda
21 Aug 2025

O polideportivo municipal da Cortella será este sábado o escenario dun espectáculo de música e danza tradicional africana a cargo do grupo Los Ugandan Sticks cos seus tambores de Ruanda. A cita terá lugar ás 20.00 horas e contará con entrada gratuíta.

Trátase dun acto benéfico enmarcado no proxecto “Música para salvar vidas”, unha iniciativa que procura ofrecer apoio a nenos e nenas orfos de Uganda, favorecendo o seu crecemento e aprendizaxe a través da danza como ferramenta para construír un futuro no seu propio país.

O Concello de Coirós colabora con esta proposta cultural e solidaria mediante o departamento municipal Coirós Igualdade, reforzando así o compromiso local coa cooperación e a integración social.

⚙ Configurar cookies
0.19328594207764