Cogami imparte na Coruña un curso de auxiliar de almacén a mozos con discapacidade

ACoruñaXa
Este curso supón unha oportunidade para a inserción laboral de persoas con discapacidade menores de 30 anos
Imaxe do curso de Cogami de auxiliar de almacén na Coruña
14 Mar 2024

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) iniciou nas instalacións na A Coruña un curso de Actividades auxiliares de almacén no que participa un grupo de mozas e mozos de entre 18 e 29 anos procedentes dos concellos de A Coruña, Arteixo e Betanzos con discapacidades.

Esta formación está enmarcada nas axudas económicas para a selección de operacións para o reforzo da empregabilidade para persoas con discapacidade 'Un a un' 2023-2024 cofinanciadas por Fundación Once e Fondo Social Europeo+ 2021-2027. "Unha Europa máis social e inclusiva", para os programas: Programa FSE+ de Emprego Xuvenil 2021-2027 e Programa FSE+ de Inclusión Social Garantía Infantil y Loita Contra a Pobreza 2021-2027.

Un dos requisitos para poder inscribirse na formación é estar en posesión do certificado de discapacidade cun grao do 33% como mínimo e estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. A través desta preparación preténdese dar resposta a unha demanda real de auxiliares de almacén e ofrecer oportunidades laborais.

O curso, que ten unha duración de 290 horas, finalizando a primeira semana do mes de xuño, estase impartindo en horario de 9.00 a 14.00 horas nas instalacións de COGAMI na cidade herculina. O alumnado traballará módulos sobre temáticas como operacións auxiliares de almacenaxe, preparación de pedidos, manipulación de cargas con carretillas elevadoras, busca de emprego, alfabetización dixital e formación no posto de traballo.

Formacións como esta que imparte COGAMI en A Coruña contribúen á preparación e cualificación de persoas con discapacidade desempregadas, pretendendo mellorar as súas posibilidades de inserción no mercado laboral. Os datos do ano pasado reflicten que o 44% das persoas que se formaron con COGAMI, lograron atopar traballo.

0.19009399414062