Cinco medallas impulsan o gran momento do Judo Club Cambre no campionato escolar galego

O Judo Club Cambre volveu confirmar o bo estado de forma da entidade tras pechar cun balance de cinco medallas a súa participación no Campionato Xunta de Galicia Escolar de Judo Infantil e Cadete, celebrado en Marín. Os resultados chegaron da man de Mara Costa Lois, que conquistou o ouro en -57 quilos, Isaías Pérez Tavárez, prata en 66 quilos, e Aila García Pascual, David Calvo Ares e Mateo Becerra Sánchez, que lograron cadanseu bronce nas súas respectivas categorías.
Máis alá do medalleiro, desde o Concello de Cambre tamén puxeron o foco no papel do resto de competidores do club. Dani García, Marco López Piñón, Álvaro Carrasco, Noel Martínez, Miguel Romero, Álvaro Villares e Inés Rodríguez completaron a participación do equipo, deixando un alto nivel competitivo ao longo da cita autonómica.
O rendemento acadado en Marín terá continuidade nas próximas semanas co Campionato de España que se celebrará en Palma de Mallorca. Nesa competición, prevista para o 17 de abril, Cambre estará representado por Carlota Linares Iglesias en -63 quilos, Mara Costa Lois en -57 quilos e Mateo Becerra Sánchez en -73 quilos.
O xudo cambrés vive ademais un momento especialmente destacado grazas á traxectoria de Aitana Morales. A deportista, natural de Cambre, proclamouse subcampioa galega en categoría cadete, un resultado que lle permite asinar a súa quinta clasificación consecutiva para a fase final do Campionato de España, prevista para o 18 de abril en Palma de Mallorca. A xudoca chega, ademais, cun notable historial nacional, no que xa figuran unha medalla de prata e outra de bronce.