Cheo na velada de loita de Mala Fama de Culleredo
ACoruñaXa
O polideportivo municipal Ría do Burgo acolleu este sábado a velada de loita organizada por Iago Barros Fight Club, coa colaboración do Concello.
21 Jan 2024
O polideportivo municipal Ría do Burgo acolleu este sábado a velada de loita organizada por Iago Barros Fight Club, coa colaboración do Concello. Baixo a denominación de 'Mala Fama Fighters VII', a competición que engroba diferentes categorías de kickboxing e de K1 rexistrou o cheo total de público.
Na velada competiron recoñecidas figuras das disciplinas, entre elas a da cullerense Alicia Chamorro, recente campioa mundial de muay thai sub 16 e a do loitador cullerdense David Enríquez, que realizou unha exhibición de kickboxing inclusivo.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, acudiu ao evento para felicitar aos deportistas polo seu esforzo e a gran acollida lograda no municipio.