Charla sobre o cancro de mama en Irixoa co especialista Joaquín Mosquera

ACoruñaXa
A actividade gratuíta terá lugar o 30 de outubro e está organizada polas xuntas locais da AECC de varias localidades
IRIXOA charla cancro de mama
13 Oct 2025

Para conmemorar o Día Mundial de Loita contra o Cancro de Mama, as xuntas locais da Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Irixoa, Paderne, Aranga e Vilarmaior organizarán unha charla informativa aberta á cidadanía.

A actividade celebrarase o xoves, 30 de outubro de 2025, ás 19.15 horas, no Local Social da Graña, en Ambroa (Irixoa). A sesión será impartida polo doutor Joaquín Mosquera Osés, coordinador da Unidade de Mama no CHUAC e radiólogo no Hospital San Rafael, quen abordará cuestións relacionadas coa prevención, diagnóstico e tratamento do cancro de mama.

Esta iniciativa busca sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz e ofrecer orientación profesional sobre esta enfermidade, ademais de fomentar o apoio ás persoas afectadas e ás súas familias. A asistencia é gratuita e aberta a todas as persoas interesadas.

⚙ Configurar cookies
0.071167945861816