Chamamento para atopar fogar para os cans León e Pichi en Vilasantar

O Concello de Vilasantar lanzou un chamamento a través das súas canles oficiais para procurar unha familia para León e Pichi, dous cans cuxo dono non pode facerse cargo deles por causas de forza maior. Segundo a información difundida, ambos son machos: León ten 8 anos e descríbese cun bo carácter, mentres que Pichi ten 7 anos e amósase algo máis desconfiado.
As persoas interesadas na adopción poden contactar con Maite no 669 010 668. Se non é posible adoptar, o Concello solicita tamén que a veciñanza comparta o anuncio para que chegue ao maior número de persoas e que os animais poidan atopar un fogar canto antes.