Preto de 9.000 mozos e mozas nados no 2006 na provincia da Coruña recibirán 400 euros do Bono Cultural Xove

ACoruñaXa
 Na cidade da Coruña son 1.971 os potenciais beneficiarios. Na pasada edición o 66% dos 8.816 posible adxudicatarios na provincia formalizaron a súa petición, sumando 6.474 solicitudes
Imaxe da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, promocionando o Bono Cultural Xove
13 Xul 2024

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou esta mañá a libraría e tenda de xogues “El Faro de Los Tres Mundos” na Coruña, onde quixo poñer en valor e animar as mozas e mozos nacidos no ano 2006 a solicitar o Bono Cultural Xove.

O Bono Cultural Xove do Goberno esta dispoñible para que as mozas e mozos que cumpran os 18 anos neste 2024 o podan solicitar ata o 16 de novembro, a través da seguinte páxina. Son 8.985 mozos e mozas nacidos no ano 2006 na provincia que poderían obter o seu bono, co que achega máxima podería alcanzar os 3.578.000 euros. Na cidade da Coruña, onde hoxe se presentou esta campaña, son 1.971 as persoas nacidas no ano 2006, único requisito para poder ser beneficiarios.

Son un total de 400 euros que se divíden en 3 tramos para promover o acceso a diversas expresións culturais. En concreto, son:

- 200 euros para artes vivas, patrimonio cultural e audiovisuais
- 100 euros para produtos culturais en soporte físico como libros, revistas, prensa, videoxogos, discos, entre outros
- 100 euros para consumos dixitais como subscricións a plataformas de música, audiolibros, prensa dixital, videoxogos online, descarga de pódcasts, entre outros

A subdelegada indicou que, o ano pasado, na provincia da Coruña o dato de rapaces e rapazas que se fixeron co bono ascendeu tamén ao 66%, representando a 6.474 persoas dun total de 8.816 consumidores potenciais. En Galicia o Bono Cultural Xove que emite o Ministerio de Cultura chegou no 2023 a 15.339 persoas, todas nacidas no ano 2005.

María Rivas subliñou a importancia do bono cultural resaltado o impacto positivo que ten tanto na mocidade como sobre as industrias culturais. Isto xustifica que na pasada edición o seu alcance se multiplicase tanto no número de beneficiarios como no de entidades e comercios adheridos.

Así establecementos como El Faro de Los Tres Mundos, con tendas en Santiago e na Coruña, poden beneficiarse das axudas. Para elo solicitaron a súa adhesion neste terceira edición onde son 282 os establecementos que se sumaron en Galicia, dos cales 115 están na provincia da Coruña.

O Bono Cultural Xove inxectou na súa primeira edición 1,9 millóns de euros nas industrias e comercios culturais da Comunidade a través das 50.000 operacións de compraventa. A subdelegada animou aos 21.392 galegos e galegas que cumpren os 18 anos neste 2024 a facerse co seu bono antes do 16 de novembro.

María Rivas, indicou que o obxectivo do Ministerio de Cultura con esta iniciativa ten un dobre sentido: por unha banda, mostrar o interese dun amplo espectro da poboación moza pola cultura, que esta iniciativa axuda a fidelizar como público e consumidor cultural de fronte ao futuro; e, doutra banda, ofrece un respaldo adicional ao sector cultural.

0.18778610229492