Cerca de 200 maiores de Abegondo participan nunha excursión por Mondoñedo, Foz e Viveiro

Preto de 200 persoas maiores de Abegondo participaron nunha excursión promovida polo Concello ás localidades lucenses de Mondoñedo, Foz e Viveiro. A actividade, que se desenvolveu ao longo de toda a xornada, permitiu ás persoas asistentes descubrir algúns dos principais atractivos turísticos destas zonas da Mariña lucense.
A proposta forma parte do programa Maiores Activos, impulsado polo departamento de Servizos Sociais municipal. O obxectivo da iniciativa é claro: ofrecer alternativas de lecer saudable que fomenten o benestar físico e social da veciñanza de maior idade.
A excursión súmase a outras accións incluídas neste programa, como as rutas saudables que percorren tramos do Camiño Inglés ou a saída realizada anteriormente a Tui e Baiona. Con estas actividades, o Concello busca fortalecer o envellecemento activo e crear espazos de encontro e participación para a terceira idade.