Celia Pereira explora o legado descoñecido de Vicente Risco en Portas Ártabras

ACoruñaXa
A obra de Risco segue a ser unha fonte valiosa para a reflexión contemporánea
celia-pereira-en-portas-artabras
26 Feb 2025

O vindeiro xoves 27 de febreiro ás 20.00 horas, Portas Ártabras acollerá unha conferencia de grande interese cultural a cargo de Celia Pereira Porto, expresidenta da Fundación Vicente Risco. A súa intervención levará por título 'PÓR A ALMA ONDE POMOS OS PÉS: O LEGADO DE VICENTE RISCO'.

Nesta charla, Celia Pereira abordará a custodia do legado de Vicente Risco e da súa familia, resaltando a importancia do seu patrimonio intelectual e cultural. A conferenciante tamén afondará no descoñecemento que persiste arredor da figura e obra de Risco, 62 anos despois do seu falecemento.

"É moito máis o que se ignora que o que se coñece de don Vicente Risco", sinala Pereira, quen anima a redescubrir os seus textos. A obra de Risco segue a ser unha fonte valiosa para a reflexión contemporánea, caracterizándose por unha escrita breve, amena, cargada de sensibilidade e un fino sentido do humor que converte a súa lectura nun verdadeiro pracer.

A entrada será libre ata completar aforo, ofrecendo unha oportunidade única para achegarse a unha das figuras máis destacadas da cultura galega.

⚙ Configurar cookies
0.0434730052948