Cecilia Vázquez esixe ao Goberno local de Betanzos seguridade para o local social de Piadela

ACoruñaXa
Os veciños están preocupados polo deterioro que a falta de mantemento está ocasionado, non só no edificio, se non tamén na totalidade do equipamento de lecer da parroquia
deterioro-centro-social-piadela-betanzos
13 Out 2024

Cecilia Vázquez achegouse ata o local social de Piadela para comprobar de primeira man o estado de abandono ao que o concello ten sometido esta instalación municipal. Cecilia e varios dos concelleiros do PP recolleron a preocupación dos veciños polo deterioro que a falta de mantemento está ocasionado, non só no edificio, se non tamén na totalidade do equipamento de lecer da parroquia.

Chans e mobiliario inservible debido á entrada de auga ao interior do local. A formación de charcos preto de enchufes e doutros elementos da instalación eléctrica interior, son habituais. Unha deterioración que se converte nun risco real de accidente grave para os usuarios #ante a absoluta pasividade do concello, comentou Cecilia Vázquez.

Non é a primeira vez que o PP emprende accións dirixidas a que o concello tome as medidas necesarias para garantir a integridade do edificio social e as instalacións deportivas de Piadela, pero segundo indicou Vázquez “o estado de desinterese do goberno por estes veciños é indigno”. Neste sentido asegurou “non só non se lles prestan os servizos aos que teñen dereito e se non que non se respecta a súa dignidade, nin a súa seguridade”.

Así, a portavoz popular anunciou que o seu grupo levará ao pleno deste mes unha moción coas medidas urxentes a tomar para recuperar o uso seguro e digno do local. “Medidas que o goberno local ten que executar de maneira inmediata, se é que aínda queda algún respecto polos veciños de Piadela”.

0.18876695632935