Caxoto levará a Arteixo encontros de narración para persoas maiores dentro da nova tempada das bibliotecas municipais

A Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo arrinca 2026 cunha programación que busca converter as bibliotecas en espazos de encontro e lecer cultural, con propostas para crianzas, rapazada e tamén para público adulto. A novidade desta tempada chega con Caxoto e dúas sesións deseñadas especialmente para persoas maiores, en horario de mañá, apostando pola palabra, o humor e a memoria compartida como ferramenta para conversar e socializar.
Calendario de actividades:
Biblioteca de Oseiro ‘Dora Vázquez’
- Luns 23 de febreiro, 18.30 horas, Trémola Teatro
- Luns 9 de marzo, 18.30 horas, Iván Serrano
- Luns 23 de marzo, 18.30 horas, Ramiro Neira
- Biblioteca de O Froxel ‘Francisco A. Vidal’
- Martes 24 de febreiro, 18.30 horas, Trémola Teatro
- Martes 10 de marzo, 18.30 horas, Iván Serrano
- Martes 24 de marzo, 18.30 horas, Ramiro Neira
Biblioteca de Pastoriza ‘Miguel Sande’
- Mércores 25 de febreiro, 18.30 horas, Iván Serrano
- Mércores 11 de marzo, 18.30 horas, Trémola Teatro
- Mércores 25 de marzo, 18.30 horas, obradoiro de audiovisual con Fran Naveira
Biblioteca de Meicende ‘Antón Castro’
- Xoves 19 de febreiro, 18.00 horas, bebecontos con Caxoto
- Mércores 25 de febreiro, 18.30 horas, Trémola Teatro
- Xoves 5 de marzo, 18.00 horas, bebecontos con Trémola Teatro
- Mércores 11 de marzo, 18.30 horas, Iván Serrano
- Mércores 25 de marzo, 18.30 horas, Ramiro Neira
- Xoves 26 de marzo, 18.00 horas, bebecontos con Charo Pita
Biblioteca Central ‘Henrique Rabuñal’
- Mércores 11 de febreiro, 11.00 horas, Caxoto para persoas adultas, especialmente persoas maiores
- Mércores 18 de febreiro, 18.30 horas, bebecontos con Caxoto
- Xoves 26 de febreiro, 18.30 horas, Trémola Teatro
- Mércores 4 de marzo, 18.30 horas, bebecontos con Ramiro Neira
- Xoves 5 de marzo, 18.30 horas, Teatro Calavera
- Mércores 11 de marzo, 11.00 horas, Caxoto para persoas adultas, especialmente persoas maiores
- Mércores 11 de marzo, 18.30 horas, bebecontos con Trémola Teatro
- Xoves 12 de marzo, 18.30 horas, Iván Serrano
- Mércores 25 de marzo, 18.30 horas, bebecontos con Charo Pita
- Xoves 26 de marzo, 18.30 horas, Ramiro Neira
A inscrición previa é obrigatoria e tramítase por teléfono na biblioteca onde se realice cada actividade: Oseiro 981 601 945, O Froxel 981 601 574, Pastoriza 981 644 233, Meicende 981 244 027 e Biblioteca Central 981 659 106.