Case 8 millóns para marcapasos e desfibriladores destinados á área sanitaria da Coruña e Cee

ACoruñaXa
O Consello da Xunta autoriza un contrato dun ano por 7.901.690 euros para implantes cardíacos que se integrarán coa historia clínica electrónica, cunhas necesidades estimadas de 767 marcapasos e 229 desfibriladores en 12 meses
A CORUÑA chuac
24 Feb 2026

A área sanitaria da Coruña e Cee contará cun novo contrato para garantir a subministración de implantes de marcapasos e desfibriladores, dous dispositivos clave no tratamento de determinadas arritmias cardíacas e moi presentes na asistencia hospitalaria. O Consello da Xunta deu luz verde este 23 de febreiro de 2026 á contratación por un importe de 7.901.690 euros e unha duración dun ano, co obxectivo de asegurar a atención aos pacientes que precisen destes implantes.

Segundo a referencia oficial, o valor estimado do expediente elévase a 22.986.737 euros ao contemplar posibles prórrogas.

Un dos aspectos que destaca o Sergas é a integración informática desta aparataxe coa historia clínica electrónica, de xeito que os datos recollidos polos dispositivos poderán ser consultados polos profesionais sanitarios desde o propio sistema clínico.

No referido ás previsións de consumo para os próximos 12 meses, as necesidades estimadas na área sanitaria sitúanse en 767 marcapasos e 229 desfibriladores. O expediente deriva do acordo marco establecido en outubro de 2023 para a subministración sucesiva destes dispositivos no conxunto das áreas sanitarias galegas.

0.083266973495483