Carral xa ten todo listo para celebrar a súa XXI Festa do Pan 2025

Carral prepárase para acoller unha fin de semana con moita miga. O Concello e a Asociación de Panadeiros únense un ano máis para celebrar a XXI Festa do Pan, que terá lugar os días 10 e 11 de maio cun amplo programa de actividades gastronómicas, culturais e lúdicas.
Na presentación oficial do evento, que tivo lugar no campo da feira coa presenza do alcalde Javier Gestal, concelleiras do goberno local e membros da asociación de panadeiros, os organizadores avanzaron que “é manter ou mesmo melloras as cifras de vendas e asistencia da última edición”. A cita, unha das máis destacadas da comarca, busca poñer en valor o traballo do sector e a tradición panadeira de Carral.
O alcalde salientou o esforzo do colectivo panadeiro: “Sen os panadeiros e panadeiras”, asegurou, non sería posible organizar un evento destas dimensións, “o enorme esforzo que realizan ao longo destes días nos que, ao seu traballo diario nos obradores, se suma a organización dun evento destas características e que atrae a miles de persoas”.
A programación completa do evento nesta ligazón.