Carral renova a iluminación do pavillón de Espiñó con pantallas LED de alta eficiencia

O Concello de Carral vén de substituír as antigas luminarias de vapor de sodio do pavillón de Espiñó por novas pantallas LED Argon 3.1 con temperatura de cor 4.000 K e CRI 80. A intervención supón un salto cualitativo na uniformidade e na fidelidade cromática, factores clave para adestramentos e competicións baixo teito.
A modernización reduce a potencia instalada de máis de 8.000 W a 2.860 W, o que se traduce nun aforro arredor de 5.140 W por hora de uso (aprox. 64% menos consumo) e nunha luminancia global de 381.100 lúmenes. Ademais de diminuír a factura eléctrica, a tecnoloxía LED minimiza mantementos e mellora a seguridade visual para deportistas e público.
O goberno local enmarca a actuación na súa estratexia de eficiencia enerxética e sustentabilidade nas instalacións municipais, co obxectivo de optimizar recursos e ofrecer condicións de xogo máis confortables a clubs e usuariado.