Carral reforza a conciliación familiar con máis de 51.000 euros en programas municipais

ACoruñaXa
A axuda permitirá financiar campamentos e actividades que combinan lecer e apoio ás familias durante todo o ano
CARRAL plan concilia
13 Aug 2025

O Concello de Carral vén de obter unha subvención de 51.760,50 euros destinada á promoción da igualdade, grazas ao apoio da Consellería de Política Social e Igualdade e do Ministerio de Igualdade. Estes fondos servirán para financiar diversas iniciativas municipais de conciliación, como os campamentos de verán, o programa Concilia e os campamentos de Nadal.

No marco destas accións, está a desenvolverse o campamento de verán, no que participan preto de 200 nenos e nenas do municipio. A proposta combina actividades deportivas que se practican na zona coa oferta de espazos seguros e de lecer para os máis pequenos, ao tempo que facilita a organización familiar durante a tempada estival.

O equipo de goberno local sinala que continuará a traballar para conseguir novas axudas e manter o apoio á conciliación laboral e familiar, co obxectivo de reforzar o benestar das familias carralesas.

⚙ Configurar cookies
0.18084692955017