Carral recupera a planta baixa do Local Interxeracional tras anos en desuso

O Concello de Carral vén de dar por rematados, nos últimos días, os traballos de acondicionamento da planta baixa do Local Interxeracional, unha dependencia municipal que levaba anos sen uso e presentaba diversos problemas de mantemento.
Segundo informa o goberno local, a actuación permitiu solucionar o afundimento do teito e as humidades detectadas no espazo. Ademais, realizáronse labores de pintado e unha posta a punto xeral mediante tarefas de limpeza.
Con esta intervención, o executivo municipal sinala que continúa a liña de traballo centrada en recuperar e mellorar instalacións e dependencias públicas para o seu aproveitamento por parte da veciñanza.