Carral quenta motores para o Entroido cunha tarde-noite de desfile, concursos e música en directo

ACoruñaXa
A cita celebrarase o domingo 15 de febreiro no Campo da Feira, cun programa que inclúe pasarrúas, concurso infantil e unha actuación do Somoza Trío
CARRAL entroido 23
25 Jan 2026

O Concello de Carral anima a veciñanza a vivir o Entroido no municipio cunha xornada festiva que terá lugar o domingo 15 de febreiro no Campo da Feira. Baixo o lema 'Queda en Carral polo Entroido', a programación propón unha tarde-noite completa con desfile, concursos e música en directo.

A actividade comezará ás 17.00 horas cun desfile, que dará paso, ás 18.00 horas, ao concurso infantil e ás categorías individual e de parellas. Xa pola noite, ás 21.30 horas, a celebración pecharase cunha actuación musical a cargo do Somoza Trío.

Dende o Concello convidan a participar e a achegarse ao Campo da Feira para gozar dunha das citas máis agardadas do calendario festivo local.

entroido carral
⚙ Configurar cookies
0.089114904403687