Carral desbloquea máis de 200 vivendas en Paleo tras 16 anos de abandono

ACoruñaXa
O Goberno local impulsa a finalización de máis de 200 vivendas inacabadas bloqueadas desde 2008
Vivenda Carral
22 Dec 2024

Ante a crecente carencia de vivendas dispoñibles para a compra e alugueiro no Concello de Carral, o Goberno municipal de Alternativa, encabezado por Javier Gestal, puxo en marcha diversas xestións que permitiron desbloquear a situación de varios edificios paralizados no centro de Paleo desde o ano 2008. Estas construcións, que permaneceron abandonadas durante máis dunha década baixo a titularidade da SAREB, foron adquiridas meses atrás por novos promotores.

Grazas a esta intervención, están a finalizarse máis de 200 novas vivendas libres, dispoñibles a prezos que oscilan entre os 90.000 e os 140.000 euros, dependendo do tamaño dos pisos. Ademais, o Concello puxo en marcha unha política fiscal para facilitar o acceso á vivenda: menores de 36 anos, vítimas de violencia de xénero, persoas con diversidade funcional e familias numerosas estarán exentas do imposto de transmisións patrimoniais, mentres que o tipo impositivo xeral será do 6% para o resto da poboación.

0.15863800048828