Carral dá comezo aos cursos de natación de xullo con 54 menores e prepara xa os de agosto

ACoruñaXa
Desde o Concello destacan a boa acollida que teñen ano tras ano estes cursiños, un clásico do programa estival
campamento-carral
3 Jul 2025

O Concello de Carral iniciou esta semana os cursos de natación correspondentes ao mes de xullo, unha das actividades estrela do verán no municipio. Un total de 54 nenos e nenas de entre 3 e 14 anos participan nesta proposta que combina aprendizaxe, deporte e diversión na piscina municipal.

Os participantes están divididos en tres quendas segundo a súa idade, con sesións de 45 minutos que se desenvolven entre as 11.45 e as 14.00 horas. Ademais, en cada grupo establécense niveis de iniciación e perfeccionamento, adaptándose así ás necesidades e coñecementos previos de cada cativo ou cativa.

Desde o Concello destacan a boa acollida que teñen ano tras ano estes cursiños, convertidos xa nun clásico do programa estival. Conscientes da súa demanda, o goberno local prepara xa a convocatoria para o mes de agosto, cuxo prazo de inscrición abrirase o luns 14 de xullo. As solicitudes poderán presentarse tanto no Rexistro Municipal como a través da sede electrónica.

⚙ Configurar cookies
0.16819405555725