Carral coroa aos campións do IX Torneo de Pádel de Verán tras máis de dous meses de competición

O Concello de Carral pechou con éxito o IX Torneo de Pádel de Verán, unha edición que se estendeu durante máis de dous meses e que reuniu a xogadores e afeccionados nun calendario intenso de partidos. O evento consolidou o bo momento do pádel no municipio, cun ambiente deportivo e gran resposta de público.
No cadro A, os campións foron Jairo Gómez Barbeito e Borja Botana, cun gran nivel de xogo; os subcampións resultaron Pablo Boado e Abel Calviño. Na categoría B, o título recaíu en Pablo Bourkaib e Jorge Fernández, mentres que Alejandro Orgeira Martínez e Diego Worobec asinaron un meritorio subcampionato. O Concello felicitou a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.