Carral celebrará o 30 de decembro a II Gala do Deporte

O Concello de Carral celebrará o vindeiro 30 de decembro a segunda edición da Gala do Deporte, unha cita coa que se pretende poñer en valor o traballo que desenvolven ao longo do ano os clubs, entidades e deportistas do municipio.
O acto terá lugar no Local Xente Nova de Tabeaio entre as 20.00 e as 22.00 horas e reunirá a representantes do tecido deportivo local nunha xornada de recoñecemento ao esforzo, á dedicación e aos valores asociados á práctica deportiva.
Desde o Concello destacan que esta gala busca visibilizar o papel fundamental do deporte en Carral, tanto a nivel competitivo como social, así como agradecer o compromiso das entidades que fomentan hábitos de vida saudables e a participación da veciñanza en todas as idades.