Carral celebra o 50 aniversario da Festa da Empanada con 12.000 racións previstas

arral volverá reivindicarse o vindeiro 4 de setembro como a capital da empanada ao celebrar a quincuaxésima edición da súa festa máis emblemática. O Concello presentou hoxe oficialmente o evento, que aspira a igualar ou superar as 12.000 racións vendidas na edición anterior.
Na presentación participaron o alcalde, Javier Gestal, membros do goberno local e representantes das catro panadarías protagonistas: Mercedes, Pedro Fernández, Cañás e Da Cunha.
O rexedor destacou que se trata dunha celebración “profundamente enraizada na comarca grazas ao traballo e á dedicación dos panadeiros, que manteñen viva unha tradición que pecha con brillantez as festas de verán”.
Nesta ocasión, poderanse degustar empanadas de bonito, bacallau e polo a un prezo de 5 euros, mentres que as variedades de zamburiñas, polbo e bacallau con pasas custarán 7 euros.
A festa non se limitará á gastronomía: tamén haberá música e baile. As actuacións comezarán coa agrupación Faíscas da Pontagra (18.30 horas), seguidas de Arnela (19.30 horas) e Xacarandaina (20.30 horas).
Xa pola noite, a programación continuará dentro das Festas do Socorro, coas orquestras Los Satélites e Cinema a partir das 22.00 horas.