Carral celebra este sábado a súa 'Exhibición Municipal de Patinaxe Artística'
O pavillón de O Espiño en Carral acollerá este sábado 15 de xuño, unha nova edición da 'Exhibición Municipal de Patinaxe Artística'. Este acto, que está organizado polo Concello de Carral e o club de patinaxe Alquimia, comezará ás 11.00 horas e terminará ao redor as 13.00 horas.
Nesta clásica cita da patinaxe da comarca, está prevista a presenza de 8 clubs, colexios e escolas deportivas municipais que reunirán a uns 150 patinadores de todas as idades. Ao termo do certame farase entrega a todos os participantes dun agasallo conmemorativo.
A actividade que pecha a programación deportiva de primavera, da continuidade ao obxectivo de promoción e fomento do deporte que o Concello de Carral está a desenvolver durante este ano 2024. Con este tipo de programas, o goberno municipal pretende potenciar a práctica deportiva no termo carralés, e en especial entre un sector da poboación tan importante e sensible como é o infantil.
Todo aquel que queira máis información sobr eo evento deportivo pode dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981.672.580 ou no mail deportes@carral.es.