Carral acolle unha xornada dedicada á ximnasia rítmica con dous eventos

ACoruñaXa
Celebrará o X Torneo do Club Ximnasia Rítmica Carral e o XXII Certame Municipal de Ximnasia Rítmica
ritmica-carral
22 Mar 2025

Carral converterase este domingo, 23 de marzo, no epicentro da ximnasia rítmica coa celebración de dúas importantes competicións: o X Torneo do Club Ximnasia Rítmica Carral e o XXII Certame Municipal de Ximnasia Rítmica. Ambos os eventos reuniran a un gran número de ximnastas de diferentes categorías, nunha xornada que promete espectáculo e emoción.

O X Torneo do Club Ximnasia Rítmica Carral dará comezo ás 8.45 horas no Pavillón do Espiño, sendo o primeiro dos encontros programados para o día. Máis tarde, ás 12.30 horas, celebrarase no mesmo recinto o XXII Certame Municipal de Ximnasia Rítmica, unha cita xa consolidada no calendario deportivo do municipio.

Estes eventos, organizados polo Club Ximnasia Rítmica Carral en colaboración co Concello, ofrecerán a oportunidade de ver en acción a ximnastas de diferentes clubs, que demostrarán o seu talento e habilidade sobre o tapiz.

Unha ocasión perfecta para que afeccionados e familias desfruten dunha disciplina que combina deporte, arte e expresión corporal. O Concello de Carral anima á veciñanza a asistir e apoiar ás deportistas nunha xornada que promete ser inesquecible.

⚙ Configurar cookies
0.17608189582825