Carral acolle con éxito a XV Concentración Turística de Vehículos Clásicos e Antigos "Ruta del Agua"

Carral converteuse onte no punto de encontro para os amantes do motor clásico coa celebración da XV Concentración Turística de Vehículos Clásicos e Antigos "Ciudad de Cristal Ruta del Agua", organizada polo Automóvil Club Galicia. A xornada reuniu a decenas de persoas que se achegaron para admirar auténticas xoias sobre rodas e participar nun completo programa de actividades.
A cita comezou cun percorrido que levou aos vehículos participantes desde o propio Concello de Carral ata a estación de bombeo de auga de Cañás, continuando ata a estación de tratamento de auga da Telva. Un traxecto que combinou a paixón polo automóbil coa posta en valor das infraestruturas hidráulicas da contorna.
O evento rematou cunha entrega de premios e recordos para os participantes, nun ambiente de camaradería e entusiasmo compartido. A concentración consolidouse así como unha das citas destacadas do calendario para os afeccionados aos vehículos históricos.