Carral abre o prazo de inscrición para a III Liga de Pádel
O Concello de Carral abre este mércores, 15 de xaneiro, o prazo de inscrición para participar na III Liga de Pádel, unha competición que busca fomentar o deporte entre a poboación adulta e promover novas modalidades deportivas entre a veciñanza.
A pasada edición contou coa participación de 18 duplas que competiron en formato de parellas e mixto, consolidando o éxito desta iniciativa. Este ano, o torneo dará comezo o 3 de febreiro e prolongarase ata o 15 de xuño. A competición estruturarase en dúas fases: unha fase de liguiña por grupos, de onde sairán as parellas clasificadas para o cadro eliminatorio final.
Os encontros disputaranse en horario de serán, aínda que os horarios poderán axustarse segundo acordo entre as parellas participantes. A organización quere destacar o custo reducido da inscrición, co obxectivo de facilitar o acceso a todos os interesados.
O prazo de inscrición estará aberto entre o 15 e o 24 de xaneiro, e poderá realizarse no Complexo Deportivo de Carral, chamando ao teléfono 678 33 88 47 ou a través do seguinte formulario.