Carlos Arévalo acenderá o alumeado de Nadal de Betanzos o 29 de novembro

ACoruñaXa
O piragüista e medallista olímpico dará o pistoletazo de saída ás festas nun acto ás 19:00 na praza dos Irmáns García Naveira
BETANZOS luces navidad
9 Nov 2025

O medallista olímpico betanceiro Carlos Arévalo será o encargado de acender o alumeado de Nadal de Betanzos o venres 29 de novembro ás 19:00 horas, na praza dos Irmáns García Naveira.

A alcaldesa, María Barral, acompañará ao deportista e agradeceu a súa participación, subliñando que “é un orgullo contar cun betanceiro como Carlos Arévalo para o acendido do noso alumeado. Queremos recoñecer unha vez máis o seu traballo e os éxitos acadados en todo o mundo”.

O evento incluirá música en directo e chocolate para as nenas e nenos de Betanzos. O Concello iniciou xa a colocación do alumeado, que este ano amplíase respecto ao pasado: o tendido xa se colocou na zona centro e estenderase a todas as parroquias do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.081507921218872