Cancelado o X Trail Costa Doce nocturno polo mal tempo

O X Trail Costa Doce, que estaba previsto para este sábado 24 a partir das 19.00 horas en Sada, queda finalmente cancelado debido ás condicións meteorolóxicas adversas anunciadas para as vindeiras horas. A organización considera que a situación non garante a seguridade necesaria para o desenvolvemento dunha proba nocturna, polo que optou por suspender esta primeira xornada do evento.
Desde o Concello de Sada confírmase, non obstante, que a carreira programada para mañá domingo 25 mantense sen cambios. A proba disputarase con normalidade a partir das 10.00 horas, sempre que as condicións sexan favorables.
A organización lamenta as molestias que esta decisión poida causar ás persoas participantes e agradece a comprensión ante unha medida tomada por motivos de seguridade. Calquera novidade ou actualización será difundida a través das canles oficiais do Concello de Sada.