Cancelada a Papanoelada Moteira de Betanzos pola previsión de mal tempo

A organización da Papanoelada Moteira comunicou a cancelación do evento previsto en Betanzos para este 20 de decembro debido ás condicións meteorolóxicas adversas anunciadas para esa xornada. A decisión, explican, toma-se para comprobar que se manteñan as condicións de seguridade das persoas participantes.
A cita, impulsada polo Moto Betanzos Club coa colaboración do Concello, tiña programada a saída ás 17.00 horas desde a praza García Hermanos, nunha actividade xa tradicional nestas datas na que motoristas e público se suman ao ambiente do Nadal.
Desde a organización lamentan as molestias que poida ocasionar a suspensión e agradecen a comprensión da veciñanza e das persoas inscritas.