Camiñando Galicia: a ruta pola Senda do río Sisalde en Arteixo

ACoruñaXa
A ruta, que toma como referencia o río arteixán de Sisalde, ten unha extensión aproximada de 18 quilómetros e caracterízase por ser dunha dificultade baixa
Imaxe da ruta polo río Sisalde en Arteixo
12 May 2024

Miriam García

As boas condicións climáticas e o calor da primavera inspiran a explorar e conectar coa natureza do noso entorno máis próximo. Non moi lonxe da cidade da Coruña, agarda unha senda fluvial perfecta para escapar da axitación da vida diaria e respirar aire puro. Trátase da ruta pola Senda do Río Sisalde, tamén coñecida oficialmente como Roteiro Mariñán do río Sisalde, ubicada no Concello de Arteixo.

Esta ruta, que toma como referencia, como ben di o seu nome, o río arteixán de Sisalde, ten unha extensión aproximada de 18 quilómetros e caracterízase por ser dunha dificultade baixa, polo que é acta para ser realizada todo tipo de públicos, incluso con animais. Os camiñantes poden escoller entre dúas rutas diferentes ou combinalas.

A ruta amarela

Por unha banda, temos a variante amarela, que é circular, abranguendo unha extensión de 8 quilómetros e podendo ser completada nun período aproximado de 2 horas. A ruta inicia e finaliza na Praia de Barrañán, o lugar onde desemboca o río Sisalde, e transcorre ao longo da Fraga de Sisalde. Ao comezar o percorrido río arriba, atópanse árbores autóctonas que conforman o bosque de galería: amieiros, salgueiros, sabugueiros e valeiras, entre outras.

En canto á fauna que se pode divisar destaca a londra, mamífero que desenvolve a súa actividade ao longo do río. Durante o roteiro, os camiñantes poden desfrutar de elementos etnográficos singulares como o Castro de Armentón, a Igrexa de Barrán, o Monte de Cartas, o camiño da Área e os muíños da Margarida e dos Zapata.

Cabe engadir que o camiño cobre un espectro bastante amplo da biodiversidade do municipio de Arteixo. A zona máis setentrional é a praia e dunas de Barrañán, onde se distinguen tres zonas ben diferenciadas: unha duna primaria embrionaria, unha duna secundaria ou móbil e unha duna gris ou terciaria fixa.

A ruta vermella

Doutra banda, a variante vermella, ten unha distancia de 10 quilómetros e pode realizarse en aproximadamente 3 horas. Cabe destacar que esta ruta non está tan ben conservada como a amarela e que esteticamente é moito máis bonita de facer a anterior. A ruta vermella ten como punto de partida a área recreativa de Os Barreiros. O roteiro discorre entre pequenos saltos de auga como o de Groba, fileiras de loureiros, zonas de cultivo, áreas de recreo e o muíño de agua de Ibia.

Á metade da ruta, pode visitarse a igrexa de Monteagudo, coñecida como a de Santo Tomé, no Monte dá Picota, un fermoso edificio románico que formaba parte dun mosteiro benedictino do século XII que pertenceu ao priorato de Cambre. As súas ábsidas posteriores son as máis fotografadas da zona. Ademais durante o percorrido pode desfrutarse da pequena Fervenza da Groba e os Batáns.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18099689483643