Camiñando Galicia: a ruta do embalse de Beche en Abegondo

ACoruñaXa
A ruta de tipo circular é ideal para realizar durante os meses de bo tempo rodeados de natureza polo encoro de Beche, situado na parroquia de Santa Dorotea de Folgoso
Imaxe do embalse de Beche en Abegondo
Imaxe do embalse de Beche en Abegondo
14 Xul 2024

Miriam García

Abegondo conta cunha ruta de sendeirismo corta, ideal para realizar nun día de verán ou de entretempo. Fálamos dunha ruta sen dificultade e circular, deseñada para coñecer o Encoro de Beche e os seus arredores. Neste sentido, é unha camiñata perfecta para realizar en compañía de cativos e animais.

Situase en Santa Dorotea de Folgoso no Concello de Abegondo, provincia da Coruña. Conta cun amplo aparcamento gratuíto onde se poden deixar estacionados os vehículos.

A ruta pode facerse de dúas maneiras: chegando directamente en coche ao embalse de Beche e facendo e percorrendo o paseo fluvial de 1 quilómetro e 200 metros que o bordea ou, para os máis aventureiros, dende a área recreativa do encoro de Beche nunha camiñata de 13 quilómetros aproximadamente.

Ruta curta polo embalse de Beche (1 km e 200 metros)

Na primeira opción, soamente hai que bordear o embalse, polo que é un sinxelo e tranquilo paseo, adaptado para carriños de bebé e xente de mobilidade reducida.

A zona conta con variada fauna que permite manter o equilibrio biolóxico, como ánade azulón, lavandeira real, ra verde, tritón común, cobra de auga (non velenosa), bogas, troitas… Ademais, poderemos gozar de varias especies de bosque de ribeira como salgueiros, ameneiros, freixos, carballos, castiñeiros, queirugas, loureiros e menta de auga, entre outras.

Ruta longa polo encoro de Beche (13 km)

En cambio, na segunda opción, o roteiro comeza na área de recreo do encoro de Beche. Dende alí, andase un pouco polo asfalto e collerase unha senda de terra que vai en subida. Hai que subir por ela durante un intre e sen perder o xiro á dereita, empezase a baixar. Séguese o roteiro e pronto chegarase a un cortafogos, que se debe seguir a través de varias sendas e carreiros.

As baixadas son extremadamente empinadas, polo que é preciso ter coidado e dobrar moito os xeonllos durante elas. As subidas, a cambio, son bastante suaves. Deixase o cortafogo virando á esquerda e continuase camiñando por varias sendas e pistas asfaltadas.

Despois dun tramo de estrada de só uns metros, collese o carreiro á dereita do todo e de alí chegarase de novo ao cortafogo, o mesmo de antes, só que é outro tramo. Alí, hai que baixar un pouco e subir por unha costa moi empinada, aínda que curta. Logo virase á esquerda e séguese subindo un pouco máis.

Xa na parte final da ruta, deberase pasar por baixo da autovía e coller o camiño de terra que vai ir en subida practicamente ata o encoro. Chegado alí, o percorrido xuntase co da primeira opción de ruta, realizando unha volta ao redor do encoro de Beche.

0.1017599105835