Cambre transmite a súa tradición rockeira aos máis pequenos coa primeira xornada do III Rock Infantil

ACoruñaXa
O evento continuará mañá, sábado 3 de agosto, no Parque da Igrexa (19.00 horas) cos concertos da Banda Xuvenil Sementeira Cambre, DJ Manri e Julia B.T., e do Mago Teto (Rock 'N' Magic)
Imaxe do Rock in Cambre Infantil
3 Aug 2024

Cambre logrou transmitir a súa paixón e tradición rockeira aos máis pequenos. Na primeira xornada do III Rock Infantil, os grupos Mamá Cabra e The Music Patrol reuniron a centos de nenos no CEIP Portofaro, amosando que, a pesar da súa corta idade, este evento xa se afianza no calendario estival de Cambre.

Como novidade, o Concello decidiu duplicar a súa aposta, ofrecendo dous días de programación en lugar dun. Así, a música continuará mañá, sábado 3 de agosto, no teatro do Parque da Igrexa. A partir das 19.00 horas, subirán ao escenario a Banda Xuvenil Sementeira Cambre, DJ Manri e Julia B.T., e por último, o Mago Teto con Rock 'N' Magic.

Ao longo dos dous días haberá un total de cinco actuacións, todas dirixidas ao público familiar, co obxectivo de transmitir aos máis xóvenes a paixón por este xénero musical. O Concello preparou bandanas conmemorativas do Rock Infantil que regalará ás familias asistentes a algunha das dúas xornadas.

 

 

0.10864901542664