Cambre promove novas sesións de tiro con arco e chama á cidadanía a sumarse

Cambre promove novas sesións de tiro con arco e chama á cidadanía a sumarse. Arqueiros de Cambre abre as súas portas para quen queira iniciarse neste deporte reconcentrado e emocionante, impartindo clases en ambiente familiar e seguro no Pavillón de Brexo – Lema (Cambre).
As sesións celebranse os sábados de 17.00 a 20.00 h e os domingos de 11.00 a 14.00 h, durante a temporada de outubro a maio; é unha proposta perfecta para desconectar da rutina, mellorar a concentración e compartir unha actividade en familia ou con amigos. Para máis información e inscricións, contacta en arquerosdecambre@gmail.com