Cambre inicia o luns 19 as obras do abastecemento na Costa da Tapia con afectacións puntuais ao estacionamento

O Concello de Cambre informou do inicio, este luns 19 de xaneiro, dos traballos incluídos na obra de Abastecemento Costa da Tapia, unha actuación que implicará ocupacións puntuais en áreas de estacionamento e modificacións no acceso a determinadas zonas de servizo.
Segundo o aviso municipal, o luns 19 executarase a implantación da obra e a realización de catas. Esta primeira fase suporá a ocupación dunha parte do aparcadoiro do Centro de Saúde, onde se colocará sinalización específica para indicar unha entrada e saída provisional. Ademais, prevese tamén unha ocupación parcial da zona de carga e descarga do Carrefour Express.
A partir do martes 20 e ata o xoves 22 de xaneiro, a zona de carga e descarga do Carrefour Express quedará ocupada por completo. Nese período, este espazo trasladarase ao seguinte aparcadoiro no horario que se determine, coa previsión de que sexa entre as 8.00 e as 11.00 h, e con indicacións claras mediante carteis informativos.
O Concello pediu desculpas polas molestias e agradeceu a colaboración da veciñanza durante o desenvolvemento dunha obra que considera necesaria para mellorar o servizo, ao tempo que avanzou que seguirá informando de calquera novidade