Cambre inicia a reforma do Campo de Fútbol de Os Pinares, na parroquia de Brexo-Lema

ACoruñaXa
As obras céntranse na retirada dun muro con risco de derrubamento e na construción dunha nova parede, cun investimento de 11.169,47 euros e un prazo duns 15 días.
CAMBRE obras campo futbol Os Pinares
1 Feb 2026

O Concello puxo en marcha os traballos de mellora no campo de fútbol de Os Pinares, en Brexo-Lema, cunha actuación dirixida a reforzar a seguridade no acceso ás instalacións. A intervención arrinca coa demolición do muro que separa o recinto do camiño de entrada, ao detectarse risco de colapso, e continuará coa execución dunha nova parede máis estable e segura.

A obra desenvolverase no treito situado entre a zona de vestiarios e o peche perimetral do campo. O orzamento previsto ascende a 11.169,47 euros e o prazo de execución estimado é de dúas semanas.

Os Pinares é unha das instalacións municipais de fútbol do municipio e conta con terreo de céspede sintético. Alí disputa os seus encontros como local o Brexo Lema S.D., ademais de acoller actividade vinculada ao fútbol base.

⚙ Configurar cookies
0.080168962478638