Cambre estrea a súa 1ª Festa do Nadal cun mercado e actividades infantís na Praza da Carretera

Cambre porá en marcha este ano a súa 1ª Festa do Nadal, unha xornada festiva coa que o municipio quere dar a benvida ás datas máis especiais do ano e, ao mesmo tempo, apoiar aos establecementos de proximidade. A cita será o sábado 13 de decembro de 2025 na Praza Carretera Cambre–Temple 10, a contorna da parada do autobús, no corazón de Cambre centro. A programación desenvolverase en horario ininterrompido de 11.00 a 20.00 horas.
O principal reclamo será un mercado de Nadal que permanecerá aberto durante toda a xornada, no que as persoas asistentes poderán adiantar as súas compras festivas e coñecer a oferta do comercio local. A organización anima á veciñanza a achegarse para mercar agasallos, produtos gastronómicos e outros artigos propios destas datas.
A programación incluirá tamén un dos momentos máis agardados polos máis pequenos da casa: a visita de Papá Noel, que estará na praza de 12.00 a 13.00 horas e novamente de 18.00 a 20.00 horas, atendendo as peticións de nenas e nenos e posando para fotografías coas familias.
Xa pola tarde, de 18.00 a 20.00 horas, haberá pintacaras e obradoiros de temática navideña dirixidos ao público infantil, pensados para que os máis pequenos poidan divertirse e desenvolver a súa creatividade mentres as persoas adultas fan as súas compras.
A 1ª Festa do Nadal está organizada polos comerciantes de Cambre, que contan coa colaboración do Concello. A iniciativa quere consolidarse como unha nova referencia no calendario de eventos do municipio e como un punto de encontro para vivir o ambiente navideño en familia sen saír da vila.