Cambre encarga o proxecto para pavimentar as beirarrúas da rúa Río Gandara en A Barcala

ACoruñaXa
O contrato para redactar o documento técnico ten un prazo de 12 meses e un investimento próximo aos 30.000 euros, cun obxectivo claro: mellorar a mobilidade peonil e a seguridade viaria nunha zona moi habitada
CAMBRE a barcala
5 Nov 2025

O Concello de Cambre deu un paso relevante para transformar a rúa Río Gandara, en A Barcala. A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar a redacción do 'Proxecto técnico para pavimentación de beirarrúas na rúa Río Gandara', unha iniciativa largamente reclamada polo vecindario.

Segundo o acordo municipal, a fase de elaboración da documentación técnica disporá dun prazo máximo de 12 meses e dun orzamento de licitación que ronda os 30.000 euros. Trátase dunha actuación que se centra nun dos eixes fundamentais da trama urbana de A Barcala, vía de acceso ao barrio e con alta densidade residencial.

O estado das beirarrúas dificultaba ata o de agora os desprazamentos a pé, especialmente para persoas con mobilidade reducida, familias con carriños e alumnado en idade escolar. Co futuro proxecto, o goberno local pretende dotar a contorna dunha infraestrutura peonil segura e ordenada, separando con claridade os fluxos de peóns e de vehículos para incrementar a seguridade e favorecer os tránsitos a pé.

Desde o Executivo municipal sublíñase que esta intervención se enmarca no compromiso de mellora continua do espazo público en todas as parroquias, priorizando investimentos que repercutan de maneira directa na calidade de vida e na cohesión dos barrios.

⚙ Configurar cookies
0.070735931396484