Cambre celebra o “éxito de participación” nas súas 11 casetas de intercambio de libros

ACoruñaXa
As 11 casetas de intercambio de libros en Cambre amosan un alto nivel de participación e renovación constante de títulos
Imaxe dunha das casetas de libros en Cambre
22 Aug 2024

As 11 casetas de intercambio de libros, denominadas Biblioteca na rúa, repartidas por todo o municipio de Cambre, continúan funcionando con grande éxito. Esta iniciativa, posta en marcha polo goberno local, ten como obxectivos promover a lectura entre a cidadanía e darlles unha segunda vida aos libros que veciños e veciñas xa leron. A proposta comezou en 2022 co primeiro punto de bookcrossing no Parque da Igrexa, e debido ao éxito, o Concello ampliou o proxecto a outros dez lugares, sumando un total de 11 casetas.

As casetas están ubicadas nos seguintes lugares:

  • Bribes (inmediacións do cruceiro)
  • Brexo-Lema (inmediacións do cruceiro)
  • Cecebre (ao lado do monumento en homenaxe ao escritor Wenceslao Fernández Flórez)
  • Pravio (na zona da unitaria de San Bartolomeu)
  • Andeiro (na área do parque infantil)
  • Santa María de Vigo (no parque infantil)
  • O Temple (parque Manuel Lugrís)
  • A Barcala (en inmediacións do parque infantil)
  • Sigrás (en inmediacións do local social)
  • Anceis (no entorno do local social)
  • San Lourenzo (na zona do parque infantil e do local social)

O funcionamento das casetas é sinxelo: os veciños e veciñas poden achegarse a calquera das casetas, retirar un libro e, a cambio, depositar outro libro. Así, garántese a continuidade do proxecto. Os lectores poden disfrutar do libro no lugar onde o retiraron ou leváreo para ler na casa.

As casetas contan con todo tipo de obras, desde libros infantís ata xuvenís e para adultos. A concelleira de Desenvolvemento Asociativo, Educación e Sanidade, María Carmen Pan Matos, destaca o "bo funcionamento desta proposta, que se evidencia no movemento das casetas e na rotación de títulos e obras que se produce".

0.16905903816223