Cambre celebra a Palmeiras Choqueira para os más mozos con disfraces e xogos

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Cambre será o escenario, coas súas mellores gales, para celebrar a Palmeiras Choqueira, unha festa pensada para os máis novos do municipio. A cita terá lugar este venres, 28 de febreiro, a partir das 18.00 horas na instalación xuvenil de O Temple.
A celebración está enmarcada dentro do programa Por Fin é Venres e incluirá xogos, karaoke, baile e mesmo un desfile de disfraces. O peche estará marcado pola entrega de galardóns, cos que se premiará o disfrace máis orixinal, o máis elaborado e o máis divertido.
O broche de ouro será unha merenda colaborativa na que cada persoa participante levará á Casa das Palmeiras algunha receita, prato ou sobremesa típica da época para compartir co resto.