Cambre avanza no Plan de Mantemento dos Viarios

ACoruñaXa
A alcaldesa Diana Piñeiro supervisa os traballos en varios puntos do municipio para mellorar a seguridade e minimizar as molestias á veciñanza
CAMBRE melloras via
17 Oct 2025

O Concello de Cambre continúa co Plan de Mantemento dos Viarios, un programa de reparación e mellora que se está a executar en diversos puntos do municipio para garantir a seguridade e o bo estado das rúas. A alcaldesa, Diana Piñeiro, supervisou esta mañá os traballos, lembrando que se informou con antelación da súa posta en marcha e agradecendo a paciencia da veciñanza ante as molestias puntuais que poidan xerar.

As intervencións céntranse nas parroquias de Anceis (Paralelo á A-6, Altamira, As Gamelas e Seoane), Cambre (Estorrentada, As Pereiras, A Pena, Samosteiro e San Bartolome), Meixigo (Meixigo e Socampo), Cela, Sigrás (Pite Rego, Pontido, Pite e Pena), Cecebre (Piñeiro e Aldea Arriba), Bribes (Barral e Peiraio) e Pravio (Fabas). Estas actuacións inclúen labores de mellora do firme, drenaxes e limpeza de marxes, co obxectivo de facilitar os desprazamentos cotiáns e reforzar a seguridade viaria.

O Goberno local insiste en que os equipos procuran minimizar o impacto sobre a mobilidade e comprométese a manter informada a cidadanía da evolución das obras.

⚙ Configurar cookies
0.071400165557861