Callobre quenta o inverno cun cocido popular o 7 de febreiro

A tempada do cocido chega a Callobre con unha xornada gastronómica prevista para o 7 de febreiro, na parroquia de San Xoán de Callobre, no concello de Miño. A cita está organizada pola Comisión de Festas, que anima á veciñanza e aos visitantes a sumarse a este encontro arredor dun dos pratos máis representativos da cociña galega.
O xantar arrancará a partir das 14.00 e incluirá un menú de cocido con produtos tradicionais como lacón, costela, panceta, orella, morro, chourizo, grelos, patacas, garavanzos e pan, ademais de viño, auga, sobremesa e café.
No apartado de prezos, a organización fixa 30 euros para o público xeral e 27 euros para socios, mentres que os nenos e nenas menores de 12 anos poderán asistir de balde. Para participar, é preciso reservar a través das redes sociais da comisión ou por WhatsApp no 686 730 288.