Buscan a un home de 76 anos desaparecido na contorna de Díaz Baliño, en Oleiros

ACoruñaXa
O Concello difundiu un cartel coas fotografías do veciño, que ten alzhéimer, e lembra os teléfonos para avisar ante calquera pista
OLEIROS desparecido
31 Dec 2025

Oleiros mantén en marcha un operativo para tentar localizar a un veciño de 76 anos do que non se sabe nada dende este martes ao mediodía. A alerta activouse tras comunicarse a súa desaparición e, segundo trasladou o Concello, o último punto no que se lle sitúa é a zona do número 20 da rúa Díaz Baliño, arredor das 13.00 horas.

Ante a falta de novidades, o goberno municipal optou por ampliar o chamamento e compartir nas redes un cartel coas imaxes do home, no que tamén se especifica que padece alzhéimer. Dende o Concello insisten en que calquera detalle, por pequeno que pareza, pode resultar útil para orientar a procura.

No dispositivo participan a Policía Local e o Servizo Municipal de Emerxencias. A veciñanza que teña información ou crea ter visto ao desaparecido pode contactar de inmediato coa Policía Local no 981 610 001 ou coa Garda Civil no 062.

⚙ Configurar cookies
0.080832004547119