Bota a andar o primeiro club de lectura de Curtis
ACoruñaXa
O obxectivo principal é de fomentar a lectura, a reflexión, o intercambio de ideas e a creación de vínculos sociais a través da literatura
9 Apr 2024
A Área de Cultura do Concello de Curtis vén de poñer en marcha o primeiro club de lectura do municipio.
O Concello lanza esta iniciativa co obxectivo principal de fomentar a lectura, a reflexión, o intercambio de ideas e a creación de vínculos sociais a través da literatura.
Na actualidade hai un total de 16 participantes quenes se reunen un venres de cada mes ás 20.00 horas alternando Curtis e Teixeiro.
Os interesados en participar poden anotarse acudindo á Casa do Concello en Teixeiro, nas oficinas municipais en Curtis ou chamando ao 981 789 003 ou no 981 777 105.