Boa acollida na feira de Curtis, punto de encontro do comercio local

Curtis viviu onte unha intensa xornada de feira, pese ás condicións metereolóxicas, onde desde primeira hora da mañá numerosos visitantes puideron atopar unha ampla oferta de produtos de alimentación, téxtil e gando. A tradicional feira converteuse nun punto de encontro clave para o comercio local, reunindo vendedores e compradores nun ambiente animado e festivo.
Ao longo do día, os asistentes aproveitaron a ocasión para mercar e apoiar así aos negocios da contorna, gozando da diversidade de produtos dispoñibles. Para completar a experiencia, moitos fixeron unha parada na hostalería local, degustando a gastronomía da zona e contribuíndo á dinamización económica do municipio.
Unha vez máis, a feira de Curtis consolidouse como unha cita imprescindible no calendario comercial da comarca, atraendo tanto a veciños como a visitantes doutros puntos da provincia.