Betanzos vibra nunha xornada co paso de O Gran Camiño Cycling

Betanzos viviu unha xornada inesquecible coa saída da quinta e última etapa de O Gran Camiño Cycling, un evento que encheu a cidade de paixón polo ciclismo e de gran espírito deportivo.
Centos de persoas congregáronse na praza Irmáns García Naveira para despedir aos ciclistas nesta etapa decisiva, mostrando o seu apoio e entusiasmo. O ambiente festivo e a expectación marcaron un día cheo de enerxía e compromiso co deporte.
Un feito que reafirma a súa importancia no circuíto e a súa aposta polo deporte de alto nivel. O Concello de Betanzos agradece a implicación de todos os asistentes e celebra o impacto positivo que eventos coma este deixan na cidade, tanto a nivel deportivo como turístico.