Betanzos retoma os paseos fluviais en barco polo río Mandeo
O Concello de Betanzos informou de que desde o 20 de xuño ata o 19 de setembro volverase a ter a oportunidade de coñecer en barco o río Mandeo, a historia dos Caneiros e as paraxes naturais incluídas na Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas.
Para participar na actividade a inscrición previa é obrigatoria en Turismo de Betanzos, no teléfono 981 776 666, no WhatsApp 638 543 169, ou no enderezo electrónico turismo@betanzos.gal. A actividade ten un custo de 5 euros para persoas adultas, 1 euros para nenos e nenas de 4 a 12 anos e gratuíta para menores de 4 anos. A duración aproximada é de 90 minutos.
Por outra parte, o Concello informou de que xa non queda dispoñibilidade nas fins de semana para a realización de rutas aos Caneiros, pois está todo completo.