Betanzos renova a rúa Saavedra Meneses con novo mobiliario urbano e plantación de árbores

ACoruñaXa
O Concello instalou bancos, papeleiras e xardineiras e mellorou os alcorques, unha actuación que se completará nos vindeiros meses con obras de humanización en toda a vía, segundo avanzou a alcaldesa María Barral
BETANZOS arbores
28 Dec 2025

O Concello de Betanzos executou nas últimas semanas diversos traballos de posta a punto na rúa Saavedra Meneses, centrados na colocación de mobiliario urbano e na incorporación de novas especies arbóreas. As intervencións enmárcanse no programa municipal de acondicionamento de espazos públicos e tiveron como eixe a instalación de bancos, papeleiras e xardineiras, ademais da mellora dos alcorques en distintos tramos da rúa.

Segundo explicou a alcaldesa, María Barral, estas actuacións forman parte dunha liña de traballo que pretende mellorar a calidade do espazo urbano e que, no caso de Saavedra Meneses, continuará cun proxecto máis amplo de humanización de toda a rúa, previsto para os próximos meses.

No marco do mesmo programa, o Concello tamén realizou actuacións noutros puntos da cidade. Na praza de Uxío Novoneyra, nas inmediacións do antigo ambulatorio, instaláronse bancos e papeleiras e leváronse a cabo tarefas de mantemento, como o pintado dos muros perimetrais e a limpeza do pavimento. Ademais, na praza do Emigrante acometeuse a rehabilitación e impermeabilización do espazo e completouse coa instalación dunha área de xogos infantís, mentres que a praza de Dona Águeda figura tamén entre os ámbitos incluídos neste plan de melloras.

⚙ Configurar cookies
0.080263137817383