Betanzos rende homenaxe aos seus padexeiros internacionais Antón Lagares Monte e Javier Cid Castro

En Betanzos celebrouse unha homenaxe aos padexeiros Antón Lagares Monte e Javier Cid Castro, que levan o nome da vila por todo o mundo grazas aos seus recentes logros deportivos. Antón Lagares Monte destacou ao conseguir a medalla de bronce no Campionato Mundial celebrado en Montemor o Velho (Portugal) e proclamarse subcampión europeo en Pitesh (Romanía), ambos os éxitos na categoría C2-500.
Pola súa banda, Javier Cid Castro acadou unha brillante cuarta posición no Mundial júnior C4-500 e un quinto posto no Campionato Europeo na categoría C2-1000, confirmando a súa progresión como promesa do piragüismo galego.
Ambos, naturais do Club Ría de Betanzos - Piragüismo, acompañados das súas familias e amigos, foron recibidos pola alcaldesa María Barral e polo delegado de Deportes, Ricardo Cheda, na sala capitular do Concello. Alí recibiron un agasallo en recoñecemento á súa destacada traxectoria deportiva e á representación internacional do seu club e da súa vila.